martes, 30 de agosto de 2011
AsNovelas+Breves...57
57. O escritor soamente sinte fracaso pois sabe que cada vez que escribe algo moitas palabras se ocultan e deixan de decirse.
Etiquetas:
As Novelas+Breves do Mundo
Imaxes Peculiares Tituladas 29
Las doce terribles pruebas para ser el perfecto burócrata · Las tempestades de los remordimientos · Los sugerentes espectros de la frenética amante · La pantanosa oscuridad de las dudas
![]() |
| William S. Marriot with simulated spirits hands. 1910 |
Etiquetas:
Imaxes Peculiares Tituladas
jueves, 25 de agosto de 2011
AsNovelas+Breves...56, 56emedio, 56etrescuartos
(56) No fotomatón Teresa toma concienca da prominencia das súas meixelas.
(56emedio) O asasino do fotomatón escolle a terceira vítima que, coma as dúas anteriores, tira as fotos que acaba de facerse.
(56etrescuartos) A investigación policial sobre o asasino do fotomatón chega a poucas conclusións, algunhas semella que absurdas, o afirmar que o asasino só escolle a xente fea.
(56emedio) O asasino do fotomatón escolle a terceira vítima que, coma as dúas anteriores, tira as fotos que acaba de facerse.
(56etrescuartos) A investigación policial sobre o asasino do fotomatón chega a poucas conclusións, algunhas semella que absurdas, o afirmar que o asasino só escolle a xente fea.
Etiquetas:
As Novelas+Breves do Mundo
lunes, 22 de agosto de 2011
viernes, 19 de agosto de 2011
Imaxes Peculiares Tituladas 28
"Diccionario ilustrado del desencanto" · "El desenfrenado ángulo recto de tus locuras" · "Le llamaban ambigüedad" · "Inesparadas geometrías después"
![]() |
| From the book by Dr. Paul Regnard. Sorcellerie Magnétisme, Morphinisme Délire des Grandeurs. Paris : E. Plon, 1887. Page 0.248. |
Etiquetas:
Imaxes Peculiares Tituladas
O estado mental da cafeína(poesía espontánea)24
24. Máis párrafos do capítulo "Os abrazos insubordinados da muller burocrática" pertencente o Caderno Azul de Íñigo Malandanza, autor do libro "Chuvia borrando unha escaleira".
Metinme nunha noite de embriaguez, consecuencia dunha fuxida, e cheguei unicamente a unha cruel resaca
que transformou a miña cabeza nunha esponxa amarela chea de buratos.
Saín a rúa pretendendo enfriar as miñas contradiccións
mais comezou a chover, enchoupándoseme a esponxa da miña cabeza; acumulándoseme un peso pantanoso que empeorou o meu estado.
E así pasei un domingo calquera tentando fuxir da maldita muller zurda e burocrática; esa dos abrazos insubordinados.
jueves, 11 de agosto de 2011
Imaxes Peculiares Tituladas 27
"Los paisajes atómicos de la melancolía" · "Una oscura conciencia que flota" · "Los naufragios de la utopía" · "Ladrones de islas desiertas"
![]() |
Kálmándi Pap Ferec. 1970s |
Etiquetas:
Imaxes Peculiares Tituladas
AsNovelas+Breves...55
55. Unha mañá Elías esperta cun zumbido moi adentro da súa cabeza e comproba entre sentimentos contraditorios que se converteu nun belcebú vermello con alento a enxofre. O primeiro que fai é posuir tres almas descoidadas, dúas delas femininas. Non contento con isto, e preso dunha profunda ambición por facer o mal, planea escarmentar a algún persoeiro público para que as súas maldades teñan máis difusión e darse a coñecer. Decide entón achegarse á vivenda do político máis importante da cidade, pero cando chega e repara na alma deste individuo, comproba que aínda ten moito que aprender.
Etiquetas:
As Novelas+Breves do Mundo
lunes, 8 de agosto de 2011
sábado, 6 de agosto de 2011
Imaxes Peculiares Tituladas 26
"Cosechando rencores con nocturnidad" · "Las atroces pesadillas del juez" · "La impertinente posibilidad del fracaso" · "Provocadores de remordimientos"
![]() |
| Dream of a Rarebit Fiend (1906, dir. Edwin S. Porter) |
Etiquetas:
Imaxes Peculiares Tituladas
AsNovelas+Breves...(53,54)
53. É pola tarde, un chisco antes da merenda, cando a nai sorprende en flagrante pelexa ós nenos. A resposta de ámbolos dous é que soamente intercambian ideas de maneira violenta.
54. O azar na simetría dunhas nubes contra o ceo azul fai que o matemático se decate dalgo que só él e quen de entender, decidindo rematar repentinamente coas vacacións. No resto da praia todo transcorre rutinaria e caóticamente.
54. O azar na simetría dunhas nubes contra o ceo azul fai que o matemático se decate dalgo que só él e quen de entender, decidindo rematar repentinamente coas vacacións. No resto da praia todo transcorre rutinaria e caóticamente.
Etiquetas:
As Novelas+Breves do Mundo
viernes, 5 de agosto de 2011
jueves, 4 de agosto de 2011
martes, 2 de agosto de 2011
AsNovelas+Breves...(52)
(52). Esgotado pola fuxida, o pistoleiro deixouse caer nun rincón escuro. Pechou os ollos sentindo coma o sangue saía con suavidade por aquel burato metálico de bala. Entroulle sono. Veuselle á cabeza nada máis que un verán e un cheiro a palla. A vida estábaselle evaporando. O sangue seguía pingando, contaminado e tóxico pola súa alma culpable. E sorriu, como si se lle esquecera sorrir, sabendo polo menos que xa non tería que soster máis o peso da súa conciencia.
Etiquetas:
As Novelas+Breves do Mundo
Imaxes Peculiares Tituladas 25
"Escenificación de una colosal y contundente habladuría" "La pescadora tóxica" · "Postales a un mercante enamorado" · "La extraordinaria colección de mascotas de una dama francesa"
Etiquetas:
Imaxes Peculiares Tituladas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














