viernes, 29 de julio de 2011

René Magritte

Imaxes Peculiares Tituladas 24

"El fracaso del futuro" · "Absurdas terapias contra la crisis" · "Las locuras colectivas" · "El sometimiento de la rutina" · "Y unos cuantos años despues todo volvió al pasado" · "Los agujeros negros del porvenir"


martes, 26 de julio de 2011

viernes, 22 de julio de 2011

Aubrey Beardsley

Imaxes Peculiares Tituladas 23

(Con estos cuatro llegamos a los 100 títulos en esta etiqueta)
"Los incendios de la melancolía" "Las mentiras inflamables" "La combustión del rencor" "Las irreparables perdidas de la razón"

miércoles, 20 de julio de 2011

lunes, 18 de julio de 2011

Imaxes Peculiares Tituladas 22

"Aquellos epilépticos desayunos"
"El capuchino volador"
"Escultura-homenaje para pared sobre el té de Ceilán"
"Un metro por encima de tus sinsabores"
Martin Munkacsi Fun during cofee break Berlín 1933

jueves, 14 de julio de 2011

lunes, 11 de julio de 2011

Imaxes Peculiares Tituladas 21

"Los equilibrados abrazos"
"El amor ciertamente nos sublima"
"Recuerdos fantasmagóricos de un lío sentimental"
"La típica comedia de enredo"
"Todo lo que exista en un metro cuadrado"

AsNovelas+Breves...(39-51)

Nota: Estes relatos acaban de sair publicados no catálogo da expo inaugurada o pasado xoves 7 de xullo de Xosé Vilamoure, no Centro Cultural da Deputación de Ourense, titulada Tres, Dous, Un... Malvasía Cabecibranca Euroasiática e Outros Retratos. Pasádevos a vela. Por certo que tamén escriben aquí Manolo Figueiras e Pablo Otero.
Como os relatos teñen parte que ver coa etiqueta deste blog fago por incluílos. Aí van:  

Trece retratos breves
1.Na segunda sesión o retratista rebufa unha e outra vez ante a tela mentres mira con desdén a faciana asimétrica da modelo. Ó día seguinte, logo dunha noite de pesadelos desiguais sobre a beleza e a divinidade, insístelle a modelo, en nome da arte, da "obriga moral" de operarse do nariz de forma inmediata.

2.Durante un minuto dun radiante día de primavera, unha coñecida obra de Edvard Munch troca o xesto para experimentar outra sensación que non sexa a agonía. O suceso pasa inadvertido.

3.No vestíbulo, a enorme responsabilidade coa que carga un retrato ao óleo por semellarse ao dono da casa (un señor inglés, rico e afamado), lévao a cuartearse e a rachar unha noitiña nun entrecortado laio de frustración. Nese intre, o señor inglés, que está a saborear un coñac, ten unha aguda e repentina indisposición que lle ven de moi adentro.

4.Nas noites de lúa pode verse a un tal Dorian Gray albiscando museos e centros de arte mentres suspira para os seus adentros.

5.Lucinda colga no salón un retrato seu feito por un pintor de vinte anos. Nas seguintes semanas contempla cada día o esplendor da pintura e fálalle do cadro ás visitas como si dunha irmá xemelga se tratara. Semanas despois, sen embargo, comeza a experimentar unha sorte de escura envexa cara á pintura, sempre perfecta nas cores, na faciana, no xesto. Xusto un ano despois, nunha mañá de néboa fría e densa, Lucinda acoitela o cadro e bótao pola fiestra rexeitando desde entón calquera representación da realidade. Corta tamén a amizade co xove pintor, segredamente namorado dela.

6.Victoriano observa o seu rostro no espello. Deixa caer os pinceis como si nunca soubera collelos e tenta baleirar a mente de inquedanzas. Está a pintar o autorretrato número noventa e tres e pensa que non se coñece aínda del todo a sí mesmo ou que, tal vez, non ten personalidade dabondo para ser representado nunha pintura.

7.O afamado retratista Delforno afirma, moi solemne, que o retrato é "unha retranca de obxectualidade". Deixa un silencio, remata o viño e despídese dos xoves artistas con aires de suficiencia e un altivo xesto perfeccionado durante toda a tarde diante do espello. Ningún dos presentes fai esforzos por entender o significado de tales palabras e, sendo como son, coñecedores dos desvaríos conceptuais do artista, non lle dan moita importancia e póñense a falar dun certame de arte que está por chegar.

8.No museo, un retrato anónimo mantén a esperanza de que alguén lle poña un nome.

9.O temor por non estar á moda leva ao artista a vivir nunha sorte de montaña rusa. Nas ocasións nas que se detén, vomita pequenos anacos da súa personalidade, que se lle irá extinguindo ata que a súa alma non sexa máis que un trozo esférico e branco que reflectirá todo o que se lle poña diante.

10.Ramiro sempre pretendeu chamar a atención da xente pero por algún motivo que descoñece nunca o consegue a pesar de gastar e gastar cartos en roupa, indumentarias e outras exterioridades. Desesperado, decide rexeitar a estética da apariencia e decantarse pola estética da palabra. Así, matricúlase en cursos de língua e literatura analizando profusamente as obras dos autores clásicos; tamén merca un par de chaquetas de punto que vestirá para escribir unha futura novela.

11.Cando Horacio se dirixe a recoller un retrato feito en madeira que mercara o día anterior (a primeira compra dunha obra de arte) é atropelado e morre. O espiritu de Horacio volve días despois á terra e achégase á galería de arte onde aínda permanece a obra. Por causa da incorporeidade que, como todos sabemos, teñen os espíritus, Horacio só pode mirar a peza cunhos traslúcidos ollos que botan bágoas doutro mundo mentres anhela o tacto e a materia.

12.Dorian Gray e o Home-elefante adoitan quedar nun céntrico café para falar da complexa beleza do caos ou da suxerencia da irregularidade e do discordante.

13."Os retratos sempre están por completarse, senón non son retratos", afirma nun dos seus desvaríos o retratista Delforno, do que só se coñece un retrato feito a idade de vinte anos dunha muller da que se namorara perdidamente; obra desaparecida, aínda que magnífico exemplo da arte do retrato (segundo contan, pois non existen fotografías para verificalo).

lunes, 4 de julio de 2011

AsNovelas+Breves...(37,38)

(37) Acoitelarse diante da cheminea e do crepitar do lume... escribía o infructuoso suicida Expósito na libretiña de suicidios, acumulados xa trinta e sete.

(38) O poeta Díaz Sousa percátase de que xa non é quen de namorarse senón é literariamente. Reflexiona en que se lle está a escapar a realidade. Pensa en suicidarse cun abridor de cartas e deixar un dramático cadáver... aínda que antes debería escribir unha nota xustificando tal acto. Pensa en que aínda non publicou un só libro e pensa tamén si resultan ou non interesantes os poetas malditos nestes tempos. Finalmente, sen conclusións, permanece na incerteza e na estética do descontento, título este dun libro incompleto no que teoriza sobre a creación poética nos nosos días.

sábado, 2 de julio de 2011

Nikola Tesla

AsNovelas+Breves...(36)

(36) Xavier volve revisar as cartas de navegación. Novamente, a illa cambiara de lugar. Bota un suspiro rutinario e pecha os ollos. Sae da cabana e bérralle a Anxo, que está deitado na area logo de pescar unhos peixes. Anxo érguese mira para él durante un chisco e logo asente con apatía. Bota a vista ó ceo e pensa que, se cadra, algún día a illa se aburrirá deles. Senta na area con ánimo perezoso, incrédulo e un chisco sentimental. No ceo, unha gaivota parece rirse deles.