miércoles, 9 de marzo de 2011

As Novelas+Breves... (1y2)

INAUGURACIÓN: 
Hoxe comezo unha serie de relatos curtos que chamarei As Novelas + Breves do Mundo. Espero chegar, mínimo, ás 50, co afán de ter unha chea delas que poderían ben formar un libro. Comezo con dúas. Aí van:


(1) No museo, o cadro permanece baixo unha luz nuclear ante a mirada de Fabio. Entón, Marisa interponse e Fabio esquece de súpeto como é a sensibilidade polas dúas dimensións.

(2) Unha agónica pintura feita de naufraxios provoca unha airada reacción no pintor de bodegóns que berra voces rotas implorando reencarnarse en obxecto.